Utilizamos Constructor 2.0
- losyubis1ep
- 16 mar 2019
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 4 may 2019
Esta nova semana de traballo que acabamos de rematar seguimos traballando cos seres vivos e a súa alimentación.
Para iso, utilizamos a aplicación de constructor que nos permite realizar actividades axustadas á idade e o nivel madurativo do noso alumnado, polo que neste caso optamos por facer un exercicio que consistía en emparellar o animal co alimento que comen habitualmente, así pois deberan levantar de dúas en dúas as tarxetas ata acadar as parellas correctas.
Ao tratarse dunha actividade de acercamento e coñecemento básico o número de intentos non está limitado.
Tendo en conta o nivel no que nos atopamos decidimos poñer o nome dos alimentos nas tarxetas en vez de escoller imaxes, para así continuar coa introducción da lectoescritura.
Sen máis, deixámosvos un enlace á actividade, para que se así o desexades, vela e utilizala cos vosos fillos e fillas.
Un saúdo, e esperamos seguir véndonos todas as semanas!
María Arufe

Comments