Realidade aumentada
- losyubis1ep
- 1 abr 2019
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 4 may 2019
Bos días a todos e todas, esta semana seguimos adiante co noso proxecto sobre os seres vivos e as súas características e para seguir adiante e que o noso alumando non se aburra decidimos crear unha actividade relacionada coa realidade aumentada para a cal utilizamos a aplicación HP Reveal.
Con esta actividade o que intentamos conseguir é que o interese polo tema a traballar se manteña e non decaia, e así seguir avanzando un pouco máis.
Nesta práctica o noso alumnado debía escoller unha imaxe relacionada cos seres vivos que nos serviría de fondo para logo escoller un gif, a poder ser que tamén estea realionado co tema para poñelo sobre a imaxe e que logo coa aplicación de HP Reveal descargada nun teléfono móbil ou táblet se poida ver a imaxe e o gif que se lle pegou á foto.
Nas seguintes imaces poderedes ver como aparece a imaxe primeiro que se vería dende a pantalla do ordenador e unha segunda onde xa utilizando a cámara da aplicación sobre a imaxe nos aparece a foto seleccionada co gif que eles mesmos colocaron encima da imaxe. (María Arufe Fernández)
Comments