top of page
Buscar

A alimentación dos seres vivos

  • losyubis1ep
  • 23 feb 2019
  • 2 Min. de lectura

Actualizado: 4 may 2019

Ola a todos, así foi a nosa andadura no percorrido para adentrarnos nos seres vivos e, neste caso, os animais e os distintos tipos segundo a súa alimentación. O tema a tratar serán os animais hervíboros, carnívoros e omnívoros.

Para poder levalo a cabo na aula, introducimos o tema preguntándolle aos nenos que tipos de animais coñecían ou simplemente que animais coñecían. Partindo do coñecemento do meu alumnado de 1º de Educación Primaria, comezamos explicando que non todos os animais comían o mesmo e para iso incidimos en que pensasen en todos os animais que coñecían e que intentasen recordar se todos eles comían o mesmo, axudándoos facendoos pensar nun can, unha vaca e unha balea. Así, déronse conta que a vaca comía herba, o can pienso e comida, e a balea peixes principalmente.

Tamén os introducimos un pouco no tocante a de donde procede a comida deste animais, ainda que sen profundizar moito nese tema. Tan só mencionamos que uns eran depredadores para o cal lles explicamos que son os propios animais os que cazan a outros (as súas presas) para matalos e comelos. Outros, os consumidores primarios son aqueles que comen o que atopan na natureza, como herba, follas... e por último, os portunistas e xenralistas, que comen todo o que atopan ao seu paso e que comen de todo.

Isto foi todo o que traballamos durante a semana no tocante aos seres vivos e para o cal utilizamos un recurso audiovisual de youtube, trátase dunha canción na que explica que é o que comen os hervíboros, os carnívoros e os omníviros.

Ata aquí foi todo o que podemos contar do noso traballo do día a día na aula co que esperamos os nosos nenos e nenas aprendesen e coñecesen máis de preto os distintos tipos de animais segundo a súa alimentación, e tamén aproveitamos para introducilos un pouquiño no tema do respecto e coidado dos animais, pois como seres vivos ao igual ca nós merecen respeto pola súa vida.

Esperemos que esta pequena explicación lles servise para coñecer un pouco máis de cerca o tratado na aula e para iso, achegámoslle un poster no que expoñémos de forma moi xenérica o traballado na aula e no cal incluímos un acceso ao recurso utilizado na aula.

Moitas grazas pola súa visita e esperemos que non sexa a última. Un saúdo.

María Arufe.

Los Yubis.


 
 
 

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page